miércoles, 18 de febrero de 2009

Os comerciantes piden que se manteñan as beirarúas e prazas de aparcadoiro en Cacheiras





Os comerciantes de Teo, e máis concretamente da zona de Cacheiras, pedímoslle ao Delegado Provincial de Política Territorial –Alberto González Fernández– que non se supriman as prazas de aparcadoiro existentes
.

Hai uns días a Asociación fíxose cos planos do novo trazado da AC-841 que discorre por Cacheiras (en breve publicaremos aquí os planos para que calqueira os poda ollar), xa que nin comerciantes nin veciños coñecían exactamente qué obras se estaban a realizar. Para a nosa sorpresa vemos que vanse a suprimir zonas de aparcadoiro, polo que non se poderá aparcar xunto a certos comercios. Tamén veranse afectados aqueles veciños que por falta de praza de garaxe estaban a deixar os seus vehículos na rúa.

Alberto González comprometeuse a falar co inxeñeiro que leva a obra para transmitirlle as nosas queixas e que nos aclare cantas prazas de aparcadoiro vanse a suprimir. Ademais poderia haber certos erros no trazado do vial polo que urxe unha resposta á vez que pedimos que se paralicen as obras namentras non se revisa todo minuciosamente.

Se algúen dispón de algún tipo de información ou desexa comunicarse connosco pode facelo no email: acepteo@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario