viernes, 20 de febrero de 2009

AXUDAS PARA O COMERCIO

Acaban de sair convocadas pola Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia) as AXUDAS para o comercio. Saen convocadas varias liñas de axuda. Tamén saen convocadas as axudas para as asociacións de comerciantes, polo que os da Xunta Directiva reuninéromos en breve para analizalas.


Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN218A).
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 03200D004P016.PDF

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN217A).
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 03200D005P033.PDF

Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009. (Código de procedemento IN219A).
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 03200D006P051.PDF

LEMBRAMOS QUE A SOLICITUDE DAS AXUDAS REMATA O 18 de MARZO



OUTRAS AXUDAS:

Subvencións a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de comercio rural galego.

Subvencións aos artesáns titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego.

Subvencións a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial.

Comenzan as protestas

miércoles, 18 de febrero de 2009

Os comerciantes piden que se manteñan as beirarúas e prazas de aparcadoiro en Cacheiras





Os comerciantes de Teo, e máis concretamente da zona de Cacheiras, pedímoslle ao Delegado Provincial de Política Territorial –Alberto González Fernández– que non se supriman as prazas de aparcadoiro existentes
.

Hai uns días a Asociación fíxose cos planos do novo trazado da AC-841 que discorre por Cacheiras (en breve publicaremos aquí os planos para que calqueira os poda ollar), xa que nin comerciantes nin veciños coñecían exactamente qué obras se estaban a realizar. Para a nosa sorpresa vemos que vanse a suprimir zonas de aparcadoiro, polo que non se poderá aparcar xunto a certos comercios. Tamén veranse afectados aqueles veciños que por falta de praza de garaxe estaban a deixar os seus vehículos na rúa.

Alberto González comprometeuse a falar co inxeñeiro que leva a obra para transmitirlle as nosas queixas e que nos aclare cantas prazas de aparcadoiro vanse a suprimir. Ademais poderia haber certos erros no trazado do vial polo que urxe unha resposta á vez que pedimos que se paralicen as obras namentras non se revisa todo minuciosamente.

Se algúen dispón de algún tipo de información ou desexa comunicarse connosco pode facelo no email: acepteo@gmail.com

Entrevista en Correo TV

Xa está en YouTube.com a entrevista que lle facían á nosa Presidenta Lourdes no programa "Preguntoiro" de Correo TV (Grupo El Correo Gallego)

Entrevista á nosa presidenta en Tierras de Santiago


O pasado día 26 o xornal Tierras de Santiago (Grupo El Correo Gallego) incluía unha entrevista coa nosa presidenta Lourdes Matalobos.

Deixámosvos aquí o enlace con dita entrevista:

Entrevista en Tierras de Santiago


Listado de socios

A continuación tendes o listado de socios actuais:

CAFÉ-BAR CASA PERNAS
TEOVET
PANIFICADORA SAN JOSE. S.C.L
MERCERIA CASAIS
SALÓN DE BELEZA GOLÁN
SALÓN DE ESTETICA GOLÁN
XIZ TEO SC
FLORISTERÍA PONTEVEA
A SANTA SEDE CAFE-BAR
ABOGADO
DECOCENTER TIENDA DE PINTURAS
REFORMAS VIÑAO. S.L
CALEFACCIÓN Y FONTANERIA SANJURJO
INSTALACIONES GALIVEN S.L
EXTINFER
RESTAURANTE CANALETTO
T10 ENMARCACIÓN
O TRASNO VIAXEIRO
GRAFIDEA ARTES GRAFICAS
AXENCIA DE SEGUROS FERNANDO PERNAS
ELECTRO GAPE
CARPINTERIA J.V.M.
ANMAR ILUMINACIÓN
COCINAS ELITE
OLGA NOVIAS S.L
SERVI. TAXI
ADEDI CARNICERIA
XORIMA ARTESANIA
CAFETERIA MARADENTRO
EMECE SERVICIOS INMOBILIARIOS
CAFETERIA MARADENTRO
MULTICENTRO D. PERNAS S.L
AUTOSERVICIO TOÑO S.L
FRUTAS BARREIRO S.L
ANMAR ILUMINACIÓN
HOSTAL RESTAURANTE PAZOS MENDEZ
OPTICA RILO
JOYERIA GELUCHO
DOLMEN BAÑOS
SAN MARTIÑO S.L
ESCOLA DE ESTUDOS MUSICAIS ALLEGRO.T
CAFETERIA A SENRA
PELUQUERIA Y ESTETICA GARRIDO
PESCADERIA LETICIA
INSTALACIONES ELECTRICAS Y MANTENIMIENTO
RESIDENCIA PUENTEVEA
CAFETERIA PORTUGALICIA
SUPERMERCADO CLAUDIO DE CACHEIRAS
AMAEA SERVICIOS XERAIS S.L
AGENCIA PONTEVEA BANCA SEGUROS
FARMACIA PONTEVEA
CAFÉ BAR A COLMENA
COMERCIAL CAJARAVILLE (PIENSOS CAJARAVILLE
INVERSUSS PUBLICIDADE/AUTONOMO
CARPINTERIRA MOSQUERA
ANOVADA RECLAMO PUBLICITARIO
MARTINEZ MONTES E HIJOS S.L
BAR CAFETERIA BETOS
MOTOR ZETA S.L
FLORIFORMA DECORACIÓN FLORAL
RESTAURANTE BARILOCHE
PELUQUERIA Y ESTÉTICA LUISA DE PRADO
SAMARCA S.L LICORES
CENTRO DE JARDINERÍA OS TILOS

lunes, 16 de febrero de 2009

A Asociación recibe á Directora Xeral de Comercio

Fotografía: Patricia Santos /El Correo Gallego


A directora xeral de Comercio de la Xunta, Ana Rúa participou nunha charla promovida pola Asociación na que tamén participaron a deputada parlamentaria do BNG, Ana Pontón, o alcade do Concello Martiño Noriega e o concelleiro de comercio Anxo Rei. O acto foi presentado pola nosa presidenta Lourdes Matalobos.

A directora expuso a liña de axudas para o comercio, así como para as asociacións de comerciantes (pendentes de sair convocadas en cuestión de semanas); a creación dos portais www.comerciogalego.eu e www.mercadogalego.eu. Ao remate do acto os comerciantes puideron preguntar as súas dúdibas e comentar os seus problemas ós dintintos representantes.

viernes, 13 de febrero de 2009

CHARLA SOBRE AS OBRAS NA ESTRADA AC-841

ESTE LUNS DÍA 16, ÁS 21:00 H., NA MEDIATECA “O GRILO” (Cacheiras) ESTADES TODOS CONVOCADOS A UNHA CHARLA INFORMATIVA CON ALBERTO GONZÁLEZ – Delegado Provincial da Consellería de Política Territorial – SOBRE AS OBRAS QUE SE ESTÁN LEVANDO A CABO NO TREITO DA ESTRADA AC-841 QUE DISCORRE POR CACHEIRAS.