miércoles 16 de septiembre de 2009

Seminarios promovidos por BIC GALICIA


O BIC Galicia-Xunta de Galicia (www.bicgalicia.es) está a promover, en colaboración con ACEPTEO e o Concello de Teo, unha serie de SEMINARIOS GRATUITOS destinados aos comerciantes e profesionais do Concello.

Os seminarios terán lugar na Mediateca O Grilo (Cacheiras) en horario de 20 a 22:00 horas.

É imprescindible inscribirse previamente. Inicialmente as datas estaban previstas para Setembro e Outubro, pero vanse a cambiar probablemente para Outubro e Novembro.


SEMINARIO 1:
Tipo: PEQUENO COMERCIO
Curso: PC009 A PROMOCIÓN, UN ESTÍMULO PARA A VENTA
Duración: 4 horas

SEMINARIO 2:
Tipo: PEQUENO COMERCIO
Curso: PC010 CALIDADE DO SERVICIO NO PEQUENO COMERCIO
Duración: 4 horas

SEMINARIO 3:
Tipo: MICROPYME
Curso: MC006 O EMPRESARIO AUTÓNOMO: OBLIGACIÓNS TRIBUTARIAS
Duración: 4 horas

SEMINARIO 4:
Curso: HT013 SATISFACCIÓN DOS CLIENTES DOS SERVICIOS TURÍSTICOS
Duración: 2 horas

Para inscribirse, enviar un email a: acepteo@gmail.com ou contactar coa Xunta Directiva.

Inscripción nos CURSOS GRATUITOS

Xa están en marcha os Cursos de Formación GRATUITOS para os asociados. Os interesados deben de inscribirse XA! contactando ou ben coa directiva ou enviando un email a: acepteo@gmail.com

É moi importante para nós que a maior parte dos asociados se inscriban e participen. Todos xa deberiades de recibir por correo un tríptico explicativo dos cursos. A relación de cursos é a seguinte:

SETEMBRO:
  • Ley Orgánica Protección de Datos (L.O.P.D)
  • INTRODUCIÓN A INFORMÁTICA BÁSICA
  • SEGURIDADE EN INTERNET NA EMPRESA
  • INTERNET APLICADO AO COMERCIO

OUTUBRO:
  • FERRAMENTAS OFIMÁTICAS ORIENTADAS Á EMPRESA
  • Folla de Cálculo OpenOffice Calc
  • Procesador de Textos OpenOffice Writer

Información do programa Leader


Todos aqueles comerciantes e empresarios que non pudieron asistir á conferencia do programa de axudas Leader e desexen obter máis información poden dirixirse a:

Terras de Compostela
www.terrasdecompostela.org
email: info@terrasdecompostela.org
Pontemaceira s/n (Sede Feiraco)
15684 AMES
Tel. 981 818357
Persoa de contacto: Ignacio Fernández

miércoles 24 de junio de 2009

Charla do programa LEADER este Xoves 25

Nos informan desde o Concello que este Xoves 25 de Xuño, ás 20:00 horas, na Mediateca de Cacheiras, terá lugar unha charla informativa sobre o programa de axudas LEADER.

O LEADER é o conxunto de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2007-2013 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural).

Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.

En Galicia, nos períodos 1991-1994, 1994-1999 e 2000-2006, ademais de aplicarse os programas das propias Iniciativas Comunitarias LEADER (LEADER, LEADER II e LEADER +), leváronse a cabo outros programas coa mesma metodoloxía que, por ter distintas fontes de financiamento, levaron distintos nomes, como PRODER, PRODER II ou AGADER, de xeito que no período 2000-2006 estivo cuberto todo o territorio rural galego con estes programas. 

Quen pode participar?

Todas as entidades públicas ou privadas que desenvolvan a súa actividade nas áreas territoriais definidas do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental, profesional, comunidades de montes, etc., non só poden senón que deben implicarse no programa LEADER do seu territorio.

Como se pode participar?

O programa LEADER de cada territorio deséñao e execútao un Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR). Trátase dunha asociación constituída por todas as entidades do ámbito económico, social, cultural, veciñal, medioambiental ou profesional que desexen implicarse. Estas entidades funcionan como calquera asociación sen fins de lucro e deben cumprir o principio de “portas abertas”, polo que están obrigadas a admitir calquera organización do seu territorio que desexe participar no programa.

Como funcionan os GDR?

O Grupo de Desenvolvemento Rural elabora unha estratexia de desenvolvemento comarcal. Nela inclúense cales son as principais posibilidades, oportunidades e necesidades do seu territorio desde o punto de vista produtivo, económico, dotacional, social, etc. Esta estratexia preséntase á convocatoria do programa para o período 2007-2013 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ente público xestor do programa LEADER en Galicia.

O grupo conta cunha estrutura técnica que se dedica ao labor de dinamización, mobilización e promoción para aplicar a estratexia deseñada para ese territorio co obxectivo de que xurdan proxectos que se poidan financiar ao abeiro do programa. É o propio GDR quen se encarga de analizar e valorar os proxectos e, en función diso, o seu órgano directivo atribúe unha porcentaxe da axuda, partindo duns criterios predefinidos. A decisión trasládase a AGADER que, logo de revisar que a atribución do GDR se axusta á normativa, resolve a concesión da axuda.

As subvencións

Calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación dun Grupo de Desenvolvemento Rural pode solicitar unha subvención. Os promotores non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER. O que se debe ter en conta é que en función do proxecto pode haber restricións adicionais que recolle a normativa de aplicación (ex.: para os proxectos de natureza económica exclúense as grandes empresas).

A valoración do GDR determinará a porcentaxe de subvención para cada proxecto. Así e todo, para os proxectos de natureza produtiva –os que se destinan a producir bens ou prestar servizos orientados ao mercado– non han superar nunca o 50% de axuda pública. Pola contra, os proxectos de natureza non produtiva –os que se destinan á prestación de servizos públicos gratuítos, a dotacións ou a mellorar a calidade de vida no rural– poden chegar a acadar o 100% do financiamento, aínda que como norma xeral o promotor sempre deberá facer algunha achega.

viernes 6 de marzo de 2009

Reunión da Xunta Directiva o 7 de marzo

O sábado 7 de marzo a Xunta Directiva da Asoaciación reunirase para tratar, entre outros asuntos, a solicitude de axudas por parte da administración autonómica para a asociación. Manterémosvos informados.
Recordamos dende aquí a todos aqueles que teñan un comercio, que o plazo para a presentación da documentación remata o día 18.

La Voz de Galicia, 6 de marzo


http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/03/06/0003_7572251.htm

LA VOZ DE GALICIA 5/3/2009
La asociación de comerciantes y empresarios de Teo confía en que el cambio en el gobierno autonómico lleve implícitas modificaciones en el resultado final de las obras que desde hace semanas se están ejecutando en travesía de Cacheiras, una intervención que el colectivo rechaza de plano porque considera que agrava los problemas de seguridad vial y limita el aparcamiento en las zonas más comerciales de la carretera.

El colectivo basa esta confianza en una reunión mantenida poco antes de las pasadas elecciones en las que, según la asociación, altos cargos del Partido Popular con conocimientos técnicos suficientes les reconocieron que el proyecto se podría modificar sin realizar cambios sustanciales y minimizando el impacto que tanto cuestionan comerciantes y empresarios.

El colectivo teme que la continuidad de las obras no impida posteriormente cambiar el proyecto, pese a que en un encuentro previo a los comicios mantenido con el ahora delegado en funciones de Política Territorial, Alberto Fernández, se había comprometido a ralentizar los trabajos mientras se revisaba este polémico proyecto, cuya gestación quedó cerrada en el último gobierno del Partido Popular en San Caetano y también en el Concello de Teo.

Los comerciantes solicitan que se elimine del proyecto el tercer carril en parte de la carretera, ya que esta ampliación elimina zona de aceras y de aparcamiento. Además, según su criterio, no supone ventaja alguna para la seguridad vial ni de los conductores ni de los peatones.

La asociación ha recogido más de mil firmas durante las últimas semanas para demostrar a la Consellería de Política Territorial que el proyecto genera gran rechazo entre los vecinos y los comerciantes. De hecho, la asociación alerta de que si no se incorporan las modificaciones que solicitan, «aquí cerramos todos».

Las quejas de los comerciantes también afectan a los propios trabajos, ya que denuncian que la falta de señales en algunas zonas provoca riesgos innecesarios.

lunes 2 de marzo de 2009

Falta de seguridade vial

http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/comercio-teo-pie-guerra-falta-seguridad-vial/idEdicion-2009-03-02/idNoticia-400980/

Recentemente púxose en contacto con nós o ex-Director Xeral de Obras Públicas Agustín Hernández-Fernández de Rojas (PP), para comentarnos que o proxecto do trazado non era o orixinal do que se fixo no seu momento, e que as nosas demandas son perfectamente asumibles xa que non pretendemos coas nosas modificacións do trazado que se cometa ningunha ilegalidade respecto á Lei de Seguridade Vial.