martes, 2 de diciembre de 2008

Asamblea extraordinaria o 11 de decembro

O vindeiro xoves 11 de decembro terá lugar unha asamblea extraordinaria para os asociados na que se elixirán, mediante voto como indican os Estatutos, aos candidatos que formarán parte da Xunta Directiva durante un período de 2 anos.

O lugar: Mediateca O Grilo (Cacheiras), ás 21:00 horas.

Descarga dos ESTATUTOS


AQUI poñemos un enlace para a descarga dos Estatutos da Asociación.

Descargar Estatutos


Resultado da reunión do día 20


Fotografía: Antonio Hernández/El Correo Gallego

No encontro do pasado xoves día 20, na Mediateca O Grilo (Cacheiras) xuntámonos máis de 80 persoas. Nesta reunión presentáronse os Estatutos da Asociación (gracias á colaboración do avogado Fernando Vicente) que serviron para constituir formalmente a Asociación.
Na reunión repartíronse copias dos Estatutos entre os presentes (que non chegaron a nada, polo que facilitaremos os mesmos a través do blog ou via email aos interesados) e follas de afiliación, que resultaron insuficientes dada a gran acollida por parte dos alí presentes.


Fotografía: Antonio Hernández/Tierras de Santiago

A asociación xa conta con cerca de 50 asociados, que de momento non terán que abonar cuota ningunha ata que se estableza a mesma.

Ata agora a Asociación está sendo atendida por unha comisión xestora formada por nove personas, mentras non sexa elixida a Xunta Directiva na próxima asamblea extraordinaria que terá lugar o vindeiro
xoves 11 de decembro.