martes, 2 de diciembre de 2008

Resultado da reunión do día 20


Fotografía: Antonio Hernández/El Correo Gallego

No encontro do pasado xoves día 20, na Mediateca O Grilo (Cacheiras) xuntámonos máis de 80 persoas. Nesta reunión presentáronse os Estatutos da Asociación (gracias á colaboración do avogado Fernando Vicente) que serviron para constituir formalmente a Asociación.
Na reunión repartíronse copias dos Estatutos entre os presentes (que non chegaron a nada, polo que facilitaremos os mesmos a través do blog ou via email aos interesados) e follas de afiliación, que resultaron insuficientes dada a gran acollida por parte dos alí presentes.


Fotografía: Antonio Hernández/Tierras de Santiago

A asociación xa conta con cerca de 50 asociados, que de momento non terán que abonar cuota ningunha ata que se estableza a mesma.

Ata agora a Asociación está sendo atendida por unha comisión xestora formada por nove personas, mentras non sexa elixida a Xunta Directiva na próxima asamblea extraordinaria que terá lugar o vindeiro
xoves 11 de decembro.



2 comentarios:

  1. haber se nos podedes informar do acontecido na asamblea do xoves...

    Graciñas e un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Na asamblea constituiuse a Asociación, e nestes momentos a documentación está no Rexistro. Tamén se aproveitou para dar de alta a novos asociados e coñecer os problemas e inquedanzas dos comerciantes do noso concello.

    ResponderEliminar