martes, 11 de noviembre de 2008

Aviso para os comerciantes, empresarios e profesionais do Concello de Teo



O próximo día XOVES 20 de NOVEMBRO ás 21:00 horas, na Mediateca "O Grilo" (Cacheiras)* terá lugar a segunda reunión de comerciantes, empresarios e profesionais do concello de Teo co fin de constituir a Asociación.

Dende aquí facemos un chamamento para que acudades todos os que poidades. ¡Agardamos a vosa presencia!

Para máis información podedes contactar con nós via email: acepteo@gmail.com ou ben nos teléfonos provisionais: 659 897075 (Lourdes) e 679 440689 (Juan)


Mediateca "O Grilo": atópase no centro da praza da Urbanización Mirasol, na entrada de Cacheiras, situada xusto ao pasar a rotonda da Gaiteira, e frente a o supermercado La Plaza.

7 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Animar dende aqui a todolos comerciantes, empresarios e profesinais do concello, para que se animen e acudan a reunión xa que a unión fai a forza, e neste tempo de crise creo que é a millor solución...

    ¡Animos e sorte coa asociación!

    ResponderEliminar
  3. Por fin unha asociacion. E parece currada e todo. ¿Canto tempo levades? Isto non se fai dun día para o outro...

    ResponderEliminar
  4. Bos días! A asociación non está constituída oficialmente, cousa que se fará na convocatoria do vindeiro Xoves día 20. A idea xurdiú hai uns días, e da primeira reunión de empresarios/comerciantes saimos voluntarios uns cantos para formar a Comisión que está promovendo e dando a coñecer esta iniciativa.
    Desde aquí convidamos a tódolos empresarios, comerciantes e profesionais do concello a que acudades o próximo xoves á reunión na Mediateca de Cacheiras.

    ResponderEliminar
  5. Por fin se organiza algo interesante neste Concello. Dende aquí anímovos a que sigades adiante e teñades moita afluencia de xente na reunión.
    ¡¡¡A unión fai a forza!!!

    ResponderEliminar
  6. Felicito a xente que participa neste proxeto pero gustariame que politicamente sexa aseptico,polo que os moscardons están mellor na casa.Tamen creo que non deberian de aceptar subvencions de organismos oficiais,salvo os que correspondan coma as demais asociacions.Digo esto porque houbo un intento anterior e fracasou.

    ResponderEliminar
  7. QUe pasou na reunión do pasado xoves? En que quedou o tema?

    ResponderEliminar